De Antas ao Courel: propostas programáticas para un Interior Galego Vivo

Xa podes consultar e descargar o documento programático configurado na V asemblea de Antas de Ulla que transcorreu o pasado 7 de maio de 2022. O PROGRAMA DE ANTAS revisou e acrescentou as medidas e liñas estratéxicas, que xa se enunciaran no Manifesto do Courel (IV asemblea),  através das catro mesas de traballo (verde, lilás,Continuar lendo “De Antas ao Courel: propostas programáticas para un Interior Galego Vivo”

Por Chantada propón medidas para protexer o mosteiro de San Salvador de Asma

A candidatura viciñal lamenta que prosiga o abandono por parte da Xunta e do Concello de Chantada a pesar de ser declarado BIC na categoría de monumento (BIC.000.705). Por Chantada propón impulsar un plan especial de protección (PEP) do mosteiro de San Salvador de Asma como primeiro paso firme para deter o seu deterioro eContinuar lendo “Por Chantada propón medidas para protexer o mosteiro de San Salvador de Asma”

Documento organizativo IGV: o rural ten partido. Vª Asemblea (Antas de Ulla)

Interior Galego Vivo decide constituirse como organización política para acudir ás eleccións locais de 2023, mantendo a autonomía e identidade de cada unha das agrupacións que participan dela. Alén disto, a plataforma continúa a nutrirse de colectivos veciñais que, dende unha perspectiva cívica, teñen interese en favorecer que haxa grupos de traballo en cada municipio,Continuar lendo “Documento organizativo IGV: o rural ten partido. Vª Asemblea (Antas de Ulla)”

Documento político IGV: o rural ten partido. Democracia, participación e municipalismo para un Interior Galego Vivo

Unha rede cidadá para termos futuro. Consulta o documento completo aquí. Interior Galego Vivo é unha rede cidadá para construír futuro no interior galego e frear a demotanasia, é dicir, o despoboamento inducido por políticas que buscan facer do interior galego un territorio bailerado para o espolio de corporacións e fondos de investimento internacionais. AContinuar lendo “Documento político IGV: o rural ten partido. Democracia, participación e municipalismo para un Interior Galego Vivo”

O rural toma a palabra na V Asemblea do movemento cidadá de IGV

O rural toma a palabra na V Asemblea do movemento cidadá de IGV Diversos colectivos cidadás e políticos xuntan forzas para a defensa do rural en Antas de Ulla, arredor de diferentes mesas de traballo temáticas. Hoxe, Interior Galego Vivo decide constituirse como organización política para acudir ás eleccións locais de 2023, mantendo a autonomía eContinuar lendo “O rural toma a palabra na V Asemblea do movemento cidadá de IGV”

Entrevista a Patricia Coucheiro: “IGV ten o obxectivo de mellorar as condicións de vida dos municipios do interior”

Escoita a entrevista completa realizada por Radio Voz (Félix Jorquera) no seguinte vídeo: Entrevista a Patricia Coucheiro, de Alternativa Veciñal de Antas de Ulla: “IGV ten o obxectivo de mellorar as condicións de vida dos municipios do interior de Lugo e Ourense.” “Na nosa Vª xuntanza teremos mesas de debate temáticas abertas e colectivos eContinuar lendo “Entrevista a Patricia Coucheiro: “IGV ten o obxectivo de mellorar as condicións de vida dos municipios do interior””

IGV demanda paralizar a ampliación da OU-0509 en San Pedro de Rocas

A cidadanía autoorganizada está facendo quendas para evitar o atentado que a Deputaciónde Ourense quere executar na contorna de San Pedro de Rocas. Este domingo unhas 300 persoas participaron nunha marcha organizada por SOS Ourense e a Fundación Moreiras San Pedro de Rocas. Especialmente grave é que os traballos comezasen cando o 10 de marzo comezaráContinuar lendo “IGV demanda paralizar a ampliación da OU-0509 en San Pedro de Rocas”

8M: construír Igualdade dende cada parroquia

As mulleres de Por un Interior Galego Vivo temos claro que en 2022 cómpre un renovado impulso á loita feminista do #8M; a pandemia non fixo máis que agravar as desigualdades. En cada lugar, en cada parroquia, en cada vila do noso país deben escoitarse as nosas arelas de #igualdade. No interior galego as #mulleresContinuar lendo “8M: construír Igualdade dende cada parroquia”

Eólica así non: concentracións no interior

#AntasdeUlla, #Chantada, #Laza, #ViladeCruces… en moitos lugares e comarcas da nosa Terra sentiuse hoxe #eólicaasínon! Na rúa, a sociedade civil organizada, manifestamos que traballamos polos nosos direitos e polo futuro de tod@s: Por un Interior Galego Vivo. Porque o aire , as terras, a auga e o sol deste territorio non poden enriquecer a fondosContinuar lendo “Eólica así non: concentracións no interior”

Crie um site como este com o WordPress.com
Comece agora